Unha exposición na Praza da Ferrería renderá homenaxe á escritora Fina Casalderrey
Por Diego Espiño
A Praza da Ferrería acollerá este mes de abril unha exposición de homenaxe á escritora pontevedresa Fina Casalderrey.
A mostra, organizada polo Concello de Pontevedra e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), pretende recoñecer a súa traxectoria e de paso celebrar a súa candidatura a dous dos premios máis prestixiosos da literatura mundial, o premio Memorial Astrid Lindgren 2024 e o premio Hans Christian Andersen 2024, sinalado como o Nobel da literatura infantil.
Segundo informa o goberno local, a exposición compoñerase de 20 paneis, nos que a cidadanía poderá coñecer máis detalles sobre a vida de Fina Casalderrey contada a través de anécdotas e declaracións ofrecidas por ela mesma durante anos en diferentes medios.
Trátase dunha exposición escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, e que leva por título 'Fina Casalderrey: medrando entre historias'.
A súa inaguración está prevista para o xoves 18 de abril, contando coa presenza da propia escritora.
Estará dispoñible o resto do mes de abril e parte de maio.
Relacionadas:
-
Inauguran na Praza de Ourense a exposición 'Fina Casalderrey. Medrando entre historias'
Por Redacción |
-
A Praza da Ferrería rende homenaxe a Fina Casalderrey cunha exposición
Por Redacción |
-
"Hoxe non son de Pontevedra, hoxe son Pontevedra, levito", agradeceu Fina Casalderrey a súa homenaxe
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Fina Casalderrey recibirá a Letra E nun acto público previsto para o 10 de xuño en Pontevedra
Por Juan Manuel García Tajes & Anxo Lourido |
-
Un monólito renderá homenaxe á escritora Fina Casalderrey
Por Redacción |
-
Propoñen a Fina Casalderrey ao Premio Hans Christian Andersen, o 'Nobel' da literatura infantil
Por Alejandro Espiño |