Seguen sendo o mesmo pero co seu segundo álbum pasan a ser The Xame
Por Marisa Ciordia
'We are the same' foi o título do primeiro disco que gravaron a banda pontevedresa The Same en 2022. Un cuarteto que empezou a compartir un novo proxecto musical un ano antes e que desde hai uns meses xa teñen segundo elepé: 'Burning out in the moon'. Seguen sendo os mesmos, pero agora preséntanse como The Xame.
Soan a rock intenso, rock duro con potente batería e cordas. Antonio Villanueva é o compositor e guitarra, José Ángel Abraldes é o teclista, o baterista Miguel González (que formou parte de Os Resentidos) e a contundente voz é a de José Montejano que tamén toca o baixo.
Se para o seu disco debut presentaron un traballo con nin máis nin menos que vinte temas, neste segundo quedáronse en once cancións. Máis concreto nas súas influencias musicalmente e con "unha solidez e un tempo máis alto que no primeiro". En canto ás letras seguen cantando en inglés e retratando situacións "demasiado habituais nunha sociedade como a nosa, que non é capaz de avanzar".
No capítulo de colaboracións volveron a contar con Aurora Rodríguez nos coros e sumábase Manuel Martínez Pan no saxo e Héctor 'Ameaza' nun só. Seguen botando en falta máis oportunidades para mostrar o seu talento en directo, mentres tanto, segundo avanzan, o terceiro disco chegará pronto.