Exeria, rock alternativo en galego no CS A Pedreira
Por Anxo Lourido
Exeria é un grupo pertencente á nova xeración de músicos de rock alternativo en galego. En concreto, esta banda amante da guitarra conta con inlfuencias do grunge e do britpop da década dos noventa.
Este sábado 30 de marzo, o Centro Social A Pedreira, situado na Rúa Serra de Pontevedra, acollerá un concerto desta banda no que presentarán o seu novo traballo, que leva por título 'Sobre a independencia', un EP de cinco temas, que saíu á luz o 8 de marzo.
O seu anterior álbum foi 'Ata que sexamos reis' e, neste 2024, Exeria foi seleccionado para formar parte das Desktop Sessions, formato acústico e en directo con ambiente relaxado ao estilo de 'Tiny Desk'.
O concerto comezará ás 21.00 horas e a entrada será inversa, coa decisión final do público, tras asistir ao espectáculo, de pasar por despacho de billetes.