O dúo Bala faise un oco entre os nomeamentos aos Premios da Música Independente
Por Marisa Ciordia
Bala, o dúo de punk rock que conforman Violeta Mosquera e Anxela Baltar chegaron aos nomeamentos finais para a presente edición dos Premios da Música Independente, os Premios MIN. Más dun milleiro de artistas e grupos presentáronse á edición de 2024 entre as 22 categorías que inclúen estes galardóns. A gala de entrega de premios será nesta ocasión o próximo 17 de abril en Zaragoza.
Bala están nomeadas ao Mellor Videoclip do ano con 'Prisas', un dos sinxelos publicados o pasado 2023. Das cinco propostas que concorren en cada categoría e neste caso concreto de Mellor Videoclip, outros dous nomeamentos corresponden a artistas da provincia de Pontevedra: as viguesas Fillas de Cassandra con 'Varre vasoira' e Tanxugueiras co videoclip 'Aire', un audiovisual que ademais tamén leva firma pontevedresa, a dos marinenses Trece Amarillo en coprodución con PlayPlan.
Tanxugueiras ademais aparecen nomeadas á Mellor Canción do Ano con 'Hoxe, mañá e sempre' á Mellor Produción Musical, de Valeria Castro e Iago Pico (Pouland Studios) e Mellor Letra Orixinal para o tema 'As que tiñan que estar'. Pola súa banda Fillas de Cassandra tamén acaparan nomeamentos a Mellor Artista Emerxente con 'Acrópole', Mellor Álbum de Música de Raíz e Mellor Álbum en Gallego. Outro dos nomes procedentes desta provincia e que opta a máis dun premio é o catoirés Baiuca, quen xunto a Alba Reche opta a Mellor Canción do Ano con 'Diamante', Mellor Gravación de Electrónica e Mellor Produción Musical.
Ampliando o foco, a escena musical galega independente aglutina varios nomeamentos cos nomes de Xoel López, Grande Amore, Carlangas,The Rapants, Boyanka Kostova, Caamaño & Ameixeiras, Triángulo de Amor Bizarro, Ortiga e Grande Amore.
Relacionadas:
-
Queens of the Stone Age invita a Bala a actuar con eles na Coruña
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- 'Os dez lanzamentos' veñen coa sorprendente colaboración de Bala e Tanxugueiras
Por Redacción |
-
Tanxugueiras, La Pegatina, Fillas de Cassandra, Dubioza Kolektiv e Talco actuarán no Revenidas 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Baiuca pon a bailar ás Festas da Peregrina
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
As Festas da Peregrina xa teñen pregoeira: Violeta Mosquera, batería de Bala
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |