Niños Mutantes non perderán o Surfing the Lérez na súa xira de despedida
Por Alejandro Espiño
Despois de trinta anos de traxectoria musical, os Niños Mutantes despídense dos escenarios. A banda anunciou a súa separación, pero antes percorrerán toda España para ter un último contacto co público. Un dos concertos desta xira será en Pontevedra.
Será un dos pratos fortes da próxima edición do festival Surfing the Lérez, que se celebrará na Illa das Esculturas os días 14 e 15 de xuño.
"Imos celebrar esa gran carreira musical cantando todos os seus éxitos e gozando do que sería o seu concerto final", destacou a organización tras anunciar a súa incorporación ao cartel.
Autores de cancións inesquecibles como Errante, Todo va a cambiar ou No puedo más contigo, que quedarán para a banda sonora de toda unha xeración, Niños Mutantes pechará unha carreira artística na que editaron trece discos, os último Cuchillos y Diamantes (2022).
Durante todo este tempo, a banda foi un dos grandes referentes da escena 'indie' nacional e o seu nome figurou nos principais festivais de todo o país.
Os granadinos aseguraron sentirse "moi afortunado" por estas tres décadas en activo, resaltando que "foi a viaxe das nosas vidas e foi precioso".
Relacionadas:
-
Grande Amore, Ortiga ou Joe Crepúsculo estarán nun Surfing the Lérez que regresa ás súas orixes
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Atención Tsunami e Los Marcianos reforzan a oferta musical do Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
O Surfing the Lérez incorpora a Juno e Lady Banana ao seu cartel
Por Alejandro Espiño |
-
The Rapants e Javier Lago, primeiros artistas para o Surfing the Lerez 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Cambio de datas no Surfing the Lérez: adiántase unha semana, aos días 14 e 15 de xuño
Por Alejandro Espiño |