'Sons de Outono' chega ao seu fin cunha última xornada musical na Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz
Con bo tempo e a pé de rúa, tal e como está deseñado, puido despedirse este sábado o ciclo musical 'Sons de Outono', impulsado polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra en colaboración co Concello.
A céntrica Praza da Peregrina gozou dun animado mediodía grazas ao trío 'Down Underground'.
Robert Beade á guitarra, Santi Marsán no baixo eléctrico e Manuel Bastón na batería puxeron banda sonora á xornada.
A deste sábado foi a cuarta e última xornada de 'Sons de Outono'.