![Boomer o último #14: Viaxeiros boomer polo mundo](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/e59/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/65ea0bc96d-boomer.jpg)
Boomer o último #14: Viaxeiros boomer polo mundo
Sab | 12:00 | 13:01
Hoteis estraños, tranvías que che atrapan, multas por estacionamento indebido, rexistros aeroportuarios, dificultades co idioma foráneo, vestimentas que xeran dúbidas... atoparás nesta edición unha viaxe polas aventuras e desventuras dos condutores deste podcast, Marcial Outeda e Jesús Fontanes.
Os máis boomer de PontevedraViva Radio traen un contido internacional e plurilingüe cargados coas súas maletas e co Google Maps activado, iso si, sen deixarse de principio a fin de programa o seu habitual e particular retranca.