Boomer o último #7: (II tempada) Volta ao cole, ou non

Boomer o último #7: (II tempada) Volta ao cole, ou non

Sab | 12:00 | 12:42

Ante todo moita, moita, moita retranca. É o único necesario para comezar a escoitar, - e xa están na segunda tempada -, a Marcial Outeda e Jesús Fontanes como artífices deste programa sobrado de humor. Para empezar setembro; aínda que sendo máis precisos, para ir rematando setembro, tráense un tema pouco habitual nestas datas: a volta a cole. Ou quizais non... e resulte que a volta ao colexio non sexa máis que unha escusa para contar... Spoiler non, desde logo que non. Iso si, algo imos avanzar xa se lles esqueceu que dentro deste podcast hai unha sección na que retuercen ata o aceiro e chámase 'Dereito ao despezamento'. Non nos esquecemos de lembrarllo xa que hai que empezar tempada ao grande e alguén fará o anuncio do ano...

Boomer o último

Sábado ás 12.00 horas

Segundo o prospecto, este podcast pode resultar prexudicial para a saúde; principalmente se o organismo non está preparado para altas doses de retranca.

Fechar