Boomer o último #4: Cartafoles boomers

Boomer o último #4: Cartafoles boomers

Sab | 12:00 | 12:28

Se se pregunta aos veinteañeros que entenden por cartafol, haberá un bo número que atoparán unha definición moi diferente á que poderían dar os seus pais. Estes últimos teñen claro que se trata daqueles distribuidores de folios que foron compañeiros inseparables dos seus anos estudantís. Os primeiros, utilizan tamén esta palabra para referirse á relación amorosa entre dúas persoas. Así que feita a aclaración, esta edición está dedicada aos cartafoles estudantís.

Marcial Outeda e Jesús Fontanes descargan a súa retranca esta vez naqueles cartafoles customizados que, como ben apuntan, serían algo así como as redes sociais do momento. Sobre aquelas láminas de cartón pegábanse a ídolos musicais, da televisión, do cinema, do deporte, dedicatorias dos amigos, fotografías de revistas, entradas de concertos, adhesivos, breves - ou non tan breves - poesías... e ían engrosando volume a medida que pasaba o curso.

 

Boomer o último

Sábado ás 12.00 horas

Segundo o prospecto, este podcast pode resultar prexudicial para a saúde; principalmente se o organismo non está preparado para altas doses de retranca.

Fechar