Zamburiñas gourmet Pescamar aos queixos galegos

Pontevedra
28 de abril 2018

Cada última fin de semana de mes, "A cociña gourmet en conserva" volve ás aulas do Centro Carlos Oroza. Alumnos e profesores únense para crear unha receita onde os productos gourmet de Conservas Pescamar son os protagonistas.

Zamburiñas gourmet Pescamar aos queixos galegos CIFP Carlos Oroza

Cada última fin de semana de mes, "A cociña gourmet en conserva" volve ás aulas do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza.

Alumnos e profesores únense para crear unha receita onde os productos gourmet de Conservas Pescamar son os protagonistas.

Nesta ocasión, as zamburiñas gourmet Pescamar acompáñanse dunha mestura exquisita de tres queixos galegos, todos eles con denominación de orixe: Tetilla, San Simón da Costa e do Cebreiro.

Para preparar esta deliciosa receita de Zamburiñas gourmet Pescamar aos queixos galegos, pensada para dúas racións, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 1 lata de zamburiñas gourmet Pescamar

- Queixo de tetilla (cantidade ao gusto)

- Queixo San Simón da Costa (cantidade ao gusto)

- Queixo do Cebreiro (cantidade ao gusto)

Elaboración:

Dispoñemos unha lata de zamburiñas gourmet Pescamar no prato de servizo.

Engadimos, xenerosamente por enriba e por separado, os tres queixos galegos, previamente picados en cadradiños: o queixo de tetilla, o San Simón da Costa e o do Cebreiro.

Levamos á gratinadora ou ao forno quente até que quede dourado.

Decoramos ao gusto.

Presentación:

Tal e como se indicou na receita, colocamos as zamburiñas gourmet Pescamar no centro do prato e os cadradiños de queixo de tetilla, San Simón da Costa e do Cebreiro ao seu redor. Unha vez pasado pola gratinadora ou o forno, pode decorarse con flores comestibles e brotes verdes. Tratáse dunha vistosa proposta para presentar como aperitivo.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar e, a última fin de semana do mes, coa proposta dos alumnos e profesores do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza.