ÿxito de participación na marcha cicloturista "Pedaladas para o recordo"

O Salnés
23 de agosto 2013

Os participantes gardaron un respectuoso minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente de tren de Santiago antes de percorrer case 130 quilómetros entre Vilanova e o Miradoiro de Lobeira. A marcha popular polo centro de Vilanova tamén contou cunha nuemrosa asistencia de ciclistas de todas as idades

Pedaladas para o recordo

A homenaxe da Vuelta a España ás vítimas do accidente de tren de Santiago resultou un éxito de participación nas súas dúas versións.

A marcha cicloturista 'La Etapa de La Vuelta', rebautizada como 'Pedaladas polo recordo', congregou a un bo números de afeccionados á bicileta no porto de Vilanova para percorrer os case 130 quilómetros da proba con final no Miradoiro de Lobeira.

Entre os asistentes encontrábanse ex-ciclistas profesionais como Pedro Delgado, Roberto Laiseka ou Iñigo Cuesta, que xunto co resto de participantes e as autoridades presentes gardaron un respectuoso minuto de silencio antes de dar saída á proba, ás 9:30 horas.

Unhas horas despois, tamén dende o porto de Vilanova, daba saída outra marcha popular de só 7 quilómetros para todos os públicos e coa mesma motivación.

Ambas as dúas marchas concluíron cunha gran comida popular á que asistiron gran parte dos participantes.