A Xunta e o Concello de Soutomaior buscan solucións para mellorar a PO-264 ao seu paso por Arcade

Soutomaior
23 de outubro 2024

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, mantivo unha reunión co director territorial en Pontevedra da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, José Manuel Gómez González

Manu Lourenzo e José Manuel Gómez Concello de Soutomaior

Analizar as diferentes necesidades das estradas da Xunta ao seu paso por este municipio.

Ese foi o obxectivo da xuntanza que mantiveron o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o director territorial en Pontevedra da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, José Manuel Gómez González,

A reunión estivo centrada na situación da estrada PO-264, da Avenida Xosé Solla e Roxelio Landeiro, ao seu paso por Arcade.

Ambas administracións comprometéronse a traballar nas posibles solucións e acordos que se poidan chegar en relación a esta estrada.

Tamén se analizou a situación das estradas mortas no municipio como son a da Ponte Colgante, a da Casa da Cultura e a do Colexio Santiago Apóstol.

Ademáis, puxeron sobre a mesa as posibles transferencias de estradas ao Concello.

Manu Lourenzo agradeceu "a boa acollida" desta reunión, a "franqueza" das propostas e a "boa disposición ao entendemento" para traballar nas melloras que se deben levar adiante.