O Ministerio de Traballo e Economía Social publicou este martes o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) que no caso do municipio de Pontevedra experimentou unha baixada de 275 persoas no mes de xuño o que sitúa o total de desempregados na capital en 4.359.
En Poio hai 785 desempleados (o que supón unha baixada de 36); Barro, 171 (-9); Campo Lameiro, 62 (-13); Cerdedo-Cotobade 239 (-15);; A Lama, 116 (-8); Vilaboa, 253 (-10); Bueu, 516 (-38); Marín, 1.180 (-63).
Na comarca do Salnés-Arousa: Cambados, 607 (-30); O Grove, 404 (-54); Meaño, 171 (-30); Meis, 204 (-19); Ribadumia, 198 (-4); Sanxenxo, 511 (-72); Vilagarcía, 2.452 (-56); Vilanova de Arousa 521 (-23); A Illa de Arousa, 161 (-18).
Na comarca do Umia: Caldas de Reis, 454 (-23); Cuntis, 196 (-6); Moraña, 187 (-8); Portas, 125 (-8).
GALICIA
O paro descendeu en Galicia en xuño en 5.410 persoas, un 4,02 %, máis do dobre que no conxunto de España, segundo os datos divulgados este martes polo Ministerio de Traballo.
Estes datos seguen apontoando o mercado laboral, que volve marcar un mínimo de desempregados na serie histórica (desde 1996) e baixa de 130.000 parados.
O paro baixou en xuño en Galicia sobre todo nos servizos, onde houbo 4.203 desempregados menos que o mes anterior, é dicir, case catro de cada cinco persoas que abandonaron o Servizo Público de Emprego (SEPE) neste período.
No resto de sectores, o paro descendeu en 176 persoas na agricultura; en 429 persoas na industria; en 304 persoas na construción e en 298 persoas no colectivo sen emprego anterior.
Galicia rexistrou 8.245 afiliados novos á Seguridade Social en xuño, un 0,77 % máis que o mes anterior, o que supón o triplo que a media de España, que quedou no 0,26 %, e deixa o número total de afiliados na comunidade en 1.067.230.
ESPAÑA
A nivel estatal no pasado mes de xuño o paro baixou dos 2,7 millóns por primeira vez desde 2008. Así, o paro redúcese en 50.268 persoas e sitúase na cifra máis baixa dos últimos 15 anos.
É un descenso xeneralizado: reflíctese en todas as idades, en todos os sectores e entre homes e mulleres. Entre os mozos volve rexistrar un novo mínimo histórico: 184.491 persoas. O desemprego entre as mulleres rexistra o seu nivel máis baixo desde 2008 con 30.710 paradas menos.
Ademais, consolídase a gran transformación na contratación: o 42,3% dos contratos asinados en xuño son indefinidos.