Xulgan a un individuo por abusar sexualmente da súa sobriña

Sanxenxo
19 de febreiro 2022

A Fiscalía pide para o acusado unha pena de once anos e medio de cárcere

Audiencia Provincial de Pontevedra Mónica Patxot

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para este próximo martes o xuízo contra un home acusado abusar sexualmente de sobre a súa sobriña, cando esta tiña 10 anos de idade. 

A Fiscalía reclama que sexa condenado a once anos e seis meses de prisión.

O escrito de acusación do Ministerio Pública apunta que os feitos tiveron lugar nos meses de abril e maio de 2019 cando o acusado, irmán do pai da menor, comezou a pernoitar no domicilio situado en Sanxenxo no que reside a súa cuñada cos seus dous fillos menores, unha fin de semana cada 15 días.

Segundo a Fiscalía, o acusado someteu a tocamentos á menor. Uns feitos que se repetiron cada vez que o acusado pernoitaba no domicilio da súa sobriña ata que esta contou o que estaba a suceder á súa nai.

A menor arrastra secuelas de carácter psicolóxico por estes feitos.

O Ministerio Público considera a este individuo autor dun delito continuado de abuso sexual a menor de 16 anos e ademais da condena de once anos e seis meses de prisión reclama unha indemnización do acusado cara á vítima de 30.000 euros polo dano moral causado.