Xosé Rañó, gañador do primeiro concurso de fotografía da festa do Viño Tinto de Ribadumia

O Salnés
26 de xullo 2023

O autor da fotografía recibiu un diploma conmemorativo e un premio de 100 euros en metálico. 

Xosé Rañó, gañador do primeiro concurso de fotografía da festa do Viño Tinto de Ribadumia Concello de Ribadumia

Nun acto celebrado este mércores no Salón de Plenos do Concello de Ribadumia, as concelleiras Mar Rey e Vanesa Jorge fixeron entrega do premio da primeira edición do Concurso de Fotografía ‘Balance de Tintos’, no marco da conmemoración da 50ª Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas. O premio constaba dun diploma conmemorativo e 100 euros en metálico.

O gañador desta edición inaugural foi o fotógrafo Xosé Rañó Bueno, cuxa obra cativou ao xurado, pois coa súa participación reflectiu con creatividade a esencia da celebración vinícola. O goberno local amplía a súa gratitude a todos os participantes e espera continuar promovendo iniciativas artísticas e culturais que enaltezan a identidade local.

‘Balance de Tintos’, como nome de concurso, fai eco da tradición vinícola e o significado que o viño tinto ten para o municipio. Esta primeira edición contou cunha boa participación, da que se tiveron que descartar algunhas propostas por non cumprir as bases, e da que Xosé Rañó fíxose co premio coa súa fotografía ‘Universo Tinto’.

O Concello de Ribadumia traslada os seus parabéns a este veciño de Vilagarcía de Arousa por compartir o seu talento e paixón pola fotografía e plasmalo na primeira edición do concurso ‘Balance de Tintos’. Todas as imaxes presentadas ao concurso foron unha gran mostra do amor e o orgullo pola terra e as tradicións locais.