Xornada formativa sobre o réxime de visitas en casos de vítimas de violencia sobre a muller

Pontevedra
28 de xuño 2023

O salón de actos da Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu este mércores unha xornada formativa de man da fiscal da área de Vigo, Paula Blasco Muela, sobre o réxime de visitas en casos de vítimas de violencia sobre a muller

Xornada formativa "Violencia de xénero e réxime de visitas" PontevedraViva

O salón de actos da Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu este mércores unha xornada formativa de man da fiscal da área de Vigo, Paula Blasco Muela, sobre o réxime de visitas en casos de vítimas de violencia sobre a muller.

No seu relatorio "Violencia de xénero e réxime de visitas", dirixida fundamentalmente a profesionais da avogacía, a fiscal abordou o tema facendo referencia á evolución lexislativa  xurisprudencial experimentada no noso país e para a que resultaron decisivas as reformas legais operadas no ano 2021.

Nese ano aprobouse a Lei contra a violencia na Infancia. Unha norma que supuxo a modificación do artigo 544 da Lei de Axuizamento Criminal, que establece, entre outras medidas, que cando haxa "indicios fundados de que os fillos e fillas menores de idade tiveran presenciado, sufrido ou convivido coa violencia (...), a autoridade xudicial, de oficio ou a instancia de parte, suspenderá o réxime de visitas, estancia, relación ou comunicación do inculpado respecto dos menores que dependan del". 

A Lei da Infancia, ademais, modificou o artigo 158 do Código Penal para que o xuíz aplicase de oficio a suspensión cautelar da patria potestade, o exercicio da garda e custodia ou do réxime de visitas e as comunicacións "a fin de apartar ao menor dun perigo ou de evitarlle prexuízos na súa contorna familiar ou fronte a terceiras persoas".

Así, reforzouse o marco xurídico para a protección do menor en casos de ruptura da parella, partindo do seu interese superior como principio da orde pública, isto é, por encima do vínculo parental. 

O obxectivo da medida non é outro que evitar a violencia vicaria da que poden ser vítimas.

Na charla deste mércores en Pontevedra o seu puxo, ademais, especial énfase na posición e criterios de actuación da Fiscalía Xeral do Estado, a cal mostrou particular preocupación nesta materia.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, lembrou que "a violencia de xénero é, ademais dun grave ataque á integridade e dignidade das mulleres que a sofren, unha ameaza para a propia sociedade, que non podemos obviar nin negar". Por iso, apelou a "non dar nin un paso atrás fronte os discursos que negan as violencias que sofren as mulleres" e reivindicou a importancia da prevención e a loita contra esta violencia que se leva a cabo desde as Administracións Públicas.