Xornada familiar o martes 25 en Ponte Caldelas para celebrar a Festa de Entroido

Ponte Caldelas
14 de febreiro 2020

A antiga discoteca Reivi acollerá un festival de disfraces desde ás 17.00 ás 22.00 horas con filloas de balde, cotillón, photocall e música a cargo do grupo 3.com

Festa de Entroido en Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

O martes 25 de febreiro será a xornada en que Ponte Caldelas celebrará a cuarta edición da Festa de Entroido. A cita está prevista na antiga discoteca  Reivi coa posibilidade de acceso a público de todas as idades, especialmente dirixido a familias.

Ás 17.00 horas comezará a festa que se alongará durante cinco horas. Durante a sesión desenvolverase un desfile de disfraces, ademais de  photocall, cotillón, animación musical a cargo do grupo 3.com. Tamén se poderán degustar filloas gratis elaboradas con nata, chocolate ou canela.

O Entroido de Ponte Caldelas, desde hai varios anos, ten a súa particular celebración no mes de xuño durante o denominado Entroido de Verán, con desfile de comparsas, grupos e individuais. As bases para o desfile coñeceranse no mes de maio.

O goberno local había decidido xa no anterior mandato cambiar a data de celebración para evitar as inclemencias meteorolóxicas desta época do ano.

Arquivado en