Xornada de colapso no PAC da Parda

Pontevedra
25 de xuño 2022

As atencións en domicilios deixaron sen médicos durante parte da mañá o Punto de Atención Continuada (PAC) xerando importantes esperas para ser atendidos, segundo denuncian pacientes afectados

Entrada do PAC da Parda este sábado 25 de xuño PontevedraViva

Xornada complicada a deste sábado 25 de xuño no Punto de Atención Continuada (PAC) da Parda.

Durante parte da mañá o centro de saúde quedou sen médicos ao ter que acudir dous facultativos a senllas atencións domiciliarias, o que provocou a saturación do PAC e longas esperas entre os pacientes que alí se atopaban ou que chegaban ás instalacións buscando atención.

"Hai cola na porta para coller cita e dentro hai tanta xente que non cabe máis e temos que esperar fóra", explicaron pacientes afectados.

Algúns enfermos de feito, ante o panorama, decidiron abandonar A Parda sen ser atendidos.

Varias circunstancias contribuíron tamén á saturación, ao ser o venres unha xornada festiva sen atención primaria nos centros de saúde xunto á onda de virus comúns que está a afectar á poboación desde que se decretase o fin da máscara obrigatoria.