Xogos populares para recuperar aqueles anos nos que vivía Ravachol

Pontevedra
15 de febreiro 2018

Aqueles anos de finais do século  XIX e principios do século  XX nos que o papagaio Ravachol vivía na botica de Don Perfecto Feijoo volveron a recrearse este mércores na praza da Peregrina. A ambientación correu a cargo, como xa é habitual, da Aula de Teatro Municipal 

Recreación da botica de don Perfecto Feijoo na Peregrina Diego Torrado

Aqueles anos de finais do século XIX e principios do século XX nos que o papagaio Ravachol vivía na botica de Don Perfecto Feijoo e como eran o seu día a día no negocio e as súas relacións cos pontevedreses volveron a recrearse este mércores na praza da Peregrina. Xogos populares para entreter aos máis pequenos e música para todos os públicos amenizaron a recreación. 

A ambientación comezou a partir das 19.00 horas deste mércores e correu a cargo, como xa é habitual, da Aula de Teatro Municipal. A vertente musical púxoa a actuación de Comando Foucellas. 

A recreación daquela botica na que viviu o papagaio máis famoso do Entroido de Pontevedra entre 1891 e 1913 e compartiu coa clientela o seu bo humor foi tan só un dos actos do Mércores de Cinza en Pontevedra, unha xornada na que xa previamente organizouse un taller de máscaras de Ravachol.

Nas parroquias tampouco faltou a festa, sendo especialmente destacada a que se celebrou en Campañó. A partir das 17.00 horas no campo da festa de Cabaleiro recuperouse o Entroido tradicional con 'A Corrida da Rosca' e a partir das 18.00 horas enel centro cultural houbo un festival infantil. 

Xa no centro de Pontevedra, a discoteca Daniel acolleu un baile de disfraces para persoas maiores coa actuación da orquestra Baía.

Arquivado en