Xestur adxudica a mellora da subministración eléctrica de Valdecorvos

Pontevedra
31 de xaneiro 2024

A Xunta de Galicia investirá 104.800 euros na mellora do subministro eléctrico desta urbanización  

Consello de Administración de Xestur Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia investirá 104.800 euros na mellora do subministro eléctrico da urbanización de Valdecorvos. 

Este mércores tivo lugar a adxudicación polo Consello de Administración de Xestur, que se encargará de executar a obra.

En concreto, a empresa pública procederá á instalación da liña de media tensión, do centro de transformación e da rede de baixa tensión que reforzará o servizo da urbanización desta zona, unha vez que a meirande parte das parcelas están xa adxudicadas a cooperativas e promotoras, ademais de ao propio Concello de Pontevedra e ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

O organismo autonómico ten actualmente en licitación o contrato das obras de construción dun edificio de 74 vivendas de promoción pública nunha parcela da súa propiedade en Valdecorvos.