Xantar nacionalista para dar as grazas a interventores e apoderados

Pontevedra
17 de xuño 2023

Todas as persoas que durante as pasadas eleccións municipais do 28 de maio traballaron co BNG, xa fose como apoderados ou como interventores nos colexios electorais, recibiron este sábado un sentido agradecemento por parte do partido

Xantar de agradecemento da candidatura do BNG no Pazo da Cultura Cristina Saiz

Todas as persoas que durante as pasadas eleccións municipais do 28 de maio traballaron co BNG, xa fose como apoderados ou como interventores nos colexios electorais, recibiron este sábado un sentido agradecemento por parte do partido. 

O BNG organizou unha comida de agradecemento a partir das 14.30 horas no Pazo da Cultura á que asistiron o recentemente investido alcalde e cabeza de lista, Miguel Anxo Fernández Lores, e todos os concelleiros e concelleiras electos.