Este luns día 27 de decembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza 3.801 casos activos de coronavirus, son 348 máis que onte domingo. Nas últimas 24 horas confirmáronse 418 novos contagios nas probas diagnósticas practicadas.
Os datos actualizados que traslada o Servizo Galego de Saúde (Sergas) soben a 37 (seis máis) os pacientes de Covid ingresados en planta de hospitalización. Son 28 (seis máis) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 3 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 6 no Hospital do Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo hai 10 pacientes críticos (dous menos).
Actualmente permanecen 3.754 casos de coronavirus evolucionando en domicilio cunha sintomatoloxía leve ou asintomáticos.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 23.244 pacientes. Nas últimas 24 horas un total de 67 persoas superaron a covid-19.
Faleceron por este virus na área sanitaria 225 pacientes, o último, un home de 62 anos no Hospital Montecelo, que presentaba patoloxías previas.
En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 1.757, que se engaden ás 352.592 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés onde tamén se practicaron 175.644 probas de antígenos e outras 114.695 probas distintas de detección da covid-19.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 25.796 deles 4.485 son da área da Coruña, 2.105 da de Lugo, 2.774 da de Ourense, 3.801 da de Pontevedra, 7.425 da área de Vigo, 3.812 da de Santiago e 1.394 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 52 están en UCI, 246 en unidades de hospitalización e 25.498 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 196.921 persoas curadas, rexistrándose 2.745 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.248.260.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.729.390.