Xa se pode solicitar o voto por correo para as eleccións galegas de febreiro

Pontevedra
26 de decembro 2023

Ata o próximo 8 de febreiro poderase solicitar o voto por correo para participar nas eleccións galegas, previstas para o domingo 18 de febreiro, de acordo coa convocatoria publicada este martes no Diario Oficial de Galicia

Interior das oficinas de Correos na rúa Oliva Mónica Patxot

Ata o próximo 8 de febreiro poderase solicitar o voto por correo para participar nas eleccións galegas, previstas para o domingo 18 de febreiro, de acordo coa convocatoria publicada este martes no Diario Oficial de Galicia.

A obtención deste certificado é requisito imprescindible para poder emitir o voto por correspondencia e pode solicitarse, por vía telemática a través de www.correos.es ou presencialmente en calquera oficina de Correos de España.

Os que opten por facelo a través de internet deberán acreditar a súa identidade mediante firma electrónica, aceptándose como sistemas de identificación válidos os certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria e o DNI electrónico (DNI-e).
 
Pola súa banda, a petición de voto nas oficinas de Correos debe facela persoalmente cada elector, salvo en caso de enfermidade ou discapacidade -acreditada mediante certificación médica oficial- que lle impida a formulación persoal da petición.

Os interesados deben acreditar a súa identidade presentando ante o empregado da oficina postal o DNI, pasaporte ou carné de conducir orixinais.

Correos entregará as solicitudes recibidas nas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral en Galicia, quen enviará aos solicitantes, a partir do 29 de xaneiro, a documentación necesaria para que poidan exercer o voto por correo. 

As persoas que soliciten o voto por correo recibirán esa documentación na dirección que indiquen na solicitude, que non ten por que coincidir co seu domicilio habitual.

O prazo de depósito do voto por correo finalizará o 14 de febreiro.

Arquivado en