Chega a primeira fin de semana de setembro e, con ela, a Feira Franca. A cita á que cada ano acoden miles de persoas comezou xa este venres e o punto de partida foi, como es habitual, a entrada na cidade dos pregoeiros a cabalo que percorreron as rúas do centro histórico. Anunciaron que, como ocorreu no ano 1.467, en Pontevedra hai Feira Franca e este ano adícase ao mundo da música.
No século XV os cabaleiros anunciaban que o rei Henrique IV de Castela lle outorgara a Pontevedra o privilexio para instaurar un mercado libre de impostos dun mes de duración e este venres os pregoeiros fixeron saber que a partir de agora se recrea nas rúas de Pontevedra aquel mercado medieval e a cidade comeza unha viaxe no tempo que durante dous días trasladará a veciños e visitantes ao século XV.
A Idade Media está aquí, consulta o programa da XVII Feira Franca e bótate ás rúas!