O programa 'Cunca e nécora', que ofrece roteiros por Pontevedra para descubrir a cidade desde o punto de vista gastronómico, volverán este Nadal.
Aberto a residentes e visitantes, os paseos gastronómicos pola Boa Vila comenzarán xa este próximo sábado 7 de decembro. A última saída será o sábado 21.
Estarán divididos en tres tipos de roteiros con degustación: tradicional, mariñeiro e vegano.
O roteiro tradicional será os días 8, 14 e 15 de decembro ás 20:00 horas e o día 21 de decembro ás 12:00 horas.
Pola súa banda, o roteiro vegano será os días 7, 8, 14 e 15 de decembro ás 12:00 horas.
E para rematar, o roteiro mariñeiro será os días 7, 12, 13, e 19 de decembro ás 20:00 horas.
A participación é baixo inscrición previa no mail paseapontevedra@gmail.com e o prezo de participación por persoa é de 15 euros.
Cunca e nécora é unha iniciativa da concellaría de Promoción Económica de Pontevedra que se organiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra.