Pasadas as festas de verán e tras a celebración da Feira Franca, o letreiro de 'Pontevedra' volve lucir na Praza de Ourense, nun lugar privilexiado da cidade coa Ferrería e o Convento de San Francisco ás súas costas.
O Concello de Pontevedra volveu a colocar no seu lugar o 'photocall' coas letras da cidade, e fíxoo no mesmo formato que tiña, cunha chapa metálica na súa base.
O letreiro foi retirado a principios do mes de agosto para someterse a labores de mantemento, xa que sufrían certa deterioración.
"En principio, vaise a ver de arranxalas, a ver como quedan, senón, pois cambiálas con outro formato", explicou entón a alcaldesa en funcións, Eva Villaverde.
Finalmente a decisión foi repoñer o 'photocall', referencia para turistas e visitantes, tal cal estaba, polo que os nenos e nenas da cidade poderán volver a corretear pola súa base nun dos pasatempos preferidos polos máis pequenos.