Volven as colas ao vacinódromo de Campolongo

Pontevedra
09 de outubro 2022

Durante a primeira fin de semana de campaña masiva coa cuarta dose da vacina contra a covid-19 estaban citadas en Pontevedra e O Salnés un total de 3.325 persoas

Colas á entrada do recente de vacinación contra a covid en Campolongo
Colas á entrada do recente de vacinación contra a covid en Campolongo / PontevedraViva

A campaña de vacinación coa cuarta dose da vacina contra a covid-19 xunto á campaña da gripe comezou a pleno ritmo na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Tras a reapertura o pasado venres dos recintos habilitados para a vacinación, na sede pontevedresa da Xunta en Campolongo e en Fexdega en Vilagarcía, foi constante o goteo de persoas que foron acudindo con cita para recibir a dose, nunha xornadas destinadas aínda para xente maior de 80 anos de idade.

Esta circunstancia devolveu ademais a imaxe das colas á entrada dos 'vacinódromos', como as vividas este domingo na capital provincial con esperas superiores á media hora.

Cabe lembrar que durante a primeira fin de semana de campaña masiva estaban citadas en Pontevedra e O Salnés un total de 3.325 persoas.