Volve Edugal, o maior salón da oferta educativa da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Pontevedra
05 de marzo 2013

Superar as cifras do pasado ano: 8.500 asistentes e 42 expositores de España, Portugal e Irlanda. ÿ o principal obxectivo do II Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal) que se celebrará entre o 12 e o 14 de abril, no Recinto Feiral de Pontevedra

Unha das actividades da primeira edición de Edugal, celebrada no ano 2012 Salón de Educación y Formación de Galicia

Superar as cifras do pasado ano: 8.500 asistentes e 42 expositores de España, Portugal e Irlanda. ÿ o principal obxectivo do II Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal) que se celebrará entre o 12 e o 14 de abril, no Recinto Feiral de Pontevedra. Trátase, din os seus organizadores, do maior salón da oferta educativa da eurorregión Galicia-Norte de Portugal.

Edugal 2013 pretende ser un punto de encontro entre o alumnado, os profesionais do ensino, os centros de formación e as institucións educativas. Por iso, vai dirixido fundamentalmente ao alumnado a partir de 4ª da ESO, Bacherelato e FP; aos orientadores, pais e nais de alumnos, formadores para o emprego, empresas e profesorado.

Así mesmo, Edugal tamén se dirixe aos desempregados, un sector formado por persoas que están volvendo masivamente ás aulas co obxectivo de mellorar a súa formación de cara a reincorporarse a un mercado laboral cada vez máis esixente.

Os stands informativos incluirán universidades galegas e nacionais, institutos de Formación Profesional, entidades especializadas na aprendizaxe de idiomas, a formación militar, a mobilidade (con especial atención na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal), as novas tecnoloxías aplicadas ao ensino e a aprendizaxe (e-learning) e información sobre becas, webs especializadas e portais de emprego.

Ademais, o día 14 de abril levaranse a cabo nas instalacións de Edugal as semifinais e finais do concurso escolar "Olimpiadas do Recreo", orientado a centros de ensino primario de Pontevedra.

Paralelamente ao área de expositores, desenvolverase FormaEdugal. Trátase dun programa de actividades formativas relacionadas coa feira como seminarios orientativos, coloquios, debates e exhibicións de oficios a cargo de institutos de FP. Así, os asistentes poderán presenciar unha master class de cociña, un desfile de moda ou como se traballa nun taller de carpintería, barbaría ou automoción.