Voda falsa, práctica protocolaria moi real

Pontevedra
08 de marzo 2020

O Pazo de Mugartegui acollía esta semana un evento de protocolo posto en marcha polo alumnado de segundo curso dos ciclos superiores de Guía, información e asistencia turísticas, e xestión de aloxamentos turísticos. Unha alumna e un alumno formalizaron o "si, quero" ante o alcalde, que participou neste evento de formación organizado polo CIFP Carlos Oroza

Os alumnos do CIFP Carlos Oroza simularon unha voda falsa no Pazo de Mugartegui. Roberto Alonso Pereira

Ducias de persoas invitadas vestidas cos seus mellores traxes, unha moza e un mozo prometéndose amor eterno cos seus aneis correspondentes e o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores oficiando a cerimonia civil no escenario do Pazo de Mugartegui. Así comezaba a voda do ano organizada esta semana polo alumnado do CIFP Carlos Oroza onde todo parecía real pero nada era certo. 

Estudantes de segundo e terceiro curso dos ciclos superiores de Guía, Información e Asistencia Turísticas, e Xestión de Aloxamentos, dirixidos por Pilar Novelle e Marta Abal, prepararon todo al detalle dentro de la actividad práctica que deben desenvolver para preparar un evento de estas características coidando a planificación e a execución do acto.

A decoración, o deseño das invitacións, as minutas, a colocación das persoas invitadas, o protocolo da cerimonia, o banquete, a etiqueta, os discursos... todo aquelo que ten que ver coa organización estaba coidado con mimo por parte dosestudantes que iniciaban a práctica no Pazo de Mugartegui co acto do casamento para, a continuación, nos salóns do Liceo Casino realizar o banquete. A cea tamén contaba coa marca do Carlos Oroza, xa que o ex alumno do centro Rubén González, xefe de cociña de El Cafetín, encargábase de dirixir a parte gastronómica do convite.

O alcalde acompañado por persoal do Concello quixo participar nesta actividade práctica do alumnado que, seguramente, terá que preparar moitas vodas de parecidas características cando inicien a súa vida laboral. Iso si, as vindeiras serán sen figurantes.