Visita do xurado do concurso de escaparatismo O Meu Compromiso aos 42 comercios participantes

Pontevedra
18 de outubro 2021

O certame consiste na decoración dos escaparates con materiais reciclados

Visita do xurado aos establecementos participantes no concurso de escaparatismo O Meu Compromiso Concello de Pontevedra

O xurado da campaña comercial promovida pola concellería de Promoción Económica, O Meu Compromiso, visitou este luns os 42 establecementos que participan no concurso de escaparatismo.

Composto polo deputado provincial Santos Héctor, o técnico da concellería, Francisco López; a directora xeral de asínaa Sra. Nona Brand, Noemí de Miguel; e coa compañía da concelleira  Yoya Blanco, a comitiva tomou nota da creatividade dos comerciantes e do cumprimento das bases á hora de empregar o material reciclado que lle corresponde en cada unha das tres zonas nas que se divide a acción.

"Enorme calidade, bo gusto e compromiso co medio ambiente dos decorados instalados nos comercios participantes", destacou a edil.

Na zona 1, próxima ao momento de Rosalía de Castro, participan: Piliña Vivancos, Mission Surf Shop, Mundo Verde, Xoiería Palamios, Viajes Eroski, La Ventana Natural Herbolario e Expendiduría 19.

Na zona 2, situadas na contorna da Praza de Ourense, compiten: La Artesa, Amo Galicia, Pilar Delmas Filgueira, Mercería Jota, Carnaby, Fentos, Joyería Martínez Vilanova, Milagros Molero, Calzados El Precio Justo, Óptica Lafuente, Lanas Teresa Tobío, Sunset Pontevedra, Peluquería Ana Barros, Ricar, A3 Papelería Técnica, Zapatillería Mora, Casa Sada, Dequip Pontevedra, POT, Centro Especial de Empleo Emeene e Ecosabor.

No terceiro tramo, da área de Loureiro Crespo, están: Espazo Lector Nobel, Comercial Minia, Liz Esperón, M de Mamá, Mister Baby, Macos Moda Hombre, Frutería Sonia, Fentos Joyería, El Desván, Pepa y Punto, Librería Depapeis, María José Lois ‘Cuaderna Maestra’, Sube Aminube e Lawen Art Studio.