Violencia Zero propón á mocidade de Barro deixar a un lado os roles de xénero

Barro
12 de marzo 2019

O programa Mulleres en Acción. Violencia Zero chegou este luns a Barro. A Aula de Música do municipio acolleu a acción da artista muxiá Teresa Búa, que quixo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas ante más de medio cento de nenos de quinto e sexto de Primaria do colexio Amor Ruibal e un centenar de mozos e mozas do IES de Barro

'Performance' da artista Teresa Bua en Barro Deputación de Pontevedra

O programa Mulleres en Acción. Violencia Zero chegou este luns a Barro. A Aula de Música do municipio acolleu a acción da artista muxiá Teresa Búa, que quixo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas ante más de medio cento de nenos de quinto e sexto de Primaria do colexio Amor Ruibal e un centenar de mozos e mozas do IES de Barro.

Neste ocasión, a intervención artística era unha peza titulada "P-persoa Ola 3", unha montaxe autobiográfica cunha visión antropolóxica e sociolóxica, na que a artista analizou o mundo dende a súa presenza nel, ao mesmo tempo que filtrou os paradigmas culturais que lle foron impostos.

Así, todo o alumnado foi partícipe dunha performance na que se usaron as saias e os pantalóns como símbolos persoais, políticos e sociais, co fin de deixar a un lado os roles de xénero estipulados e ser capaces de ver as persoas simplemente como persoas. Ademais tamén instou a eliminar os prexuízos que xorden da obxectualización dos seres humanos. 

A iniciativa de Barro foi a novena acción desta cuarta edición de Mulleres en Acción. Violencia Zero, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que inclúe un total de 25 intervencións artísticas en 25 concellos da provincia.