Vilagarcía acolle bolsos e accesorios feitos a man deseñados por Trendyslang

O Salnés
23 de agosto 2014

Esta proposta confecciona todos os seus productos a man elaborados integramente con algodón

Presentación de Trendyslang Aitana Vidal

A Tetería de Vilagarcía de Arousa acolleu a presentación da colección de Trendyslang, unha proposta que ten como obxectivo ofrecer deseños exclusivos realizados a man coa finalidade de manter unha liña de defensa dos postos de traballo tradicionais a través dun consumo responsable e de calidade.

Esta marca aposta por libras de chocolate como calzado ou que o sushi se converta nun bolso clutch coa idea de converter os gustos persoais en complementos únicos a través de deseños elaborados en Barcelona. Os tecidos son integramente realizados con algodón a través dun rematado orixinal.

A presentación destes produtos contou cunha divertida degustación de té.