Vilaboa queda ás portas de participar este verán en El Grand Prix de TVE

Vilaboa
24 de abril 2024

Non puido ser. Vilaboa non participará este verán no popular concurso El Grand Prix, presentado por Ramón García en TVE. Aínda que chegou á fase final da selección, non logrou facerse un oco entre os catorce pobos que competirán este ano

César Poza co cartel de "El Grand Prix" Concello de Vilaboa

Non puido ser. Vilaboa non participará este verán no popular concurso El Grand Prix, presentado por Ramón García en TVE. Aínda que chegou á fase final da selección, non logrou facerse un oco entre os catorce pobos que competirán este ano.

Entre eles só haberá un representante galego, o municipio lucense de Burela.

"Tiñamos moita ilusión por participar", explicou o alcalde de Vilaboa, César Poza, que encabezou o grupo de traballo que durante meses preparou esta candidatura.

Tras cumprir con todos os requisitos esixidos pola produtora, Vilaboa coouse na fase final desta selección, á que chegaron 490 localidades de toda España.

Pero finalmente, o programa non os seleccionou. Iso si, Poza avanza que "volveremos a intentalo o ano próximo", para contribuír á promoción turística do municipio.

A este respecto, o alcalde asegurou que querían aproveitar esta participación no Grand Prix para promocionar Vilaboa "pero sobre todo para dar a coñecer no conxunto do Estado o noso Entroido de Cobres", algo que tentarán cumprir en 2025.