Vilaboa encherase de lonas para demostrar o orgullo de ter o Entroido de Cobres

Vilaboa
08 de febreiro 2020

A Concellería de Cultura de Vilaboa acaba de poñer en marcha a campaña #Oentroidounsentimento, coa que busca expandir a todo o municipio o orgullo de ter un dos entroidos máis espectaculares de Europa, o de Cobres

Campaña de promoción do Entroido de Cobres Concello de Vilaboa

A Concellería de Cultura de Vilaboa acaba de poñer en marcha a campaña #Oentroidounsentimento, coa que busca expandir a todo o municipio o orgullo de ter un dos entroidos máis espectaculares de Europa, o de Cobres. 

Para o Concello, o Entroido é tradición, sentimento, orgullo e a orixe de Vilaboa e dos seus antepasados e busca que ese sentimento sexa común a toda a veciñanza.

Para conseguilo, van repartir lonas cos personaxes do Entroido de Cobres deseñadas pola artista local Aitana Pintos para colgar nos balcóns e fiestras de todas as casas do municipio e que, desa maneira, todos poidan amosar o orgullo de ser un pobo rico en folclore, ritos e tradicións.

As persoas interesadas en facerse cunha destas lonas nas visitas que o Entroido vai facer a cada parroquia do Concello. Este sábado chegará a Alcouce e Postemirón.

Arquivado en