VÍDEO.- Unha Pontevedra "pantasma" como nunca se viu

Pontevedra
11 de abril 2020

Non é estraño ver as rúas baleiras, desérticas, se fose a primeira hora dun domingo, pero o sorprendente é que este  timelapse está gravado nun día 'laborable' e nas que se supón que deberían ser horas de máxima actividade nas que a  Boa Vila desborda vida

Praza da Peregrina Diego Torrado

O  fotoxornalista Diego Torrado fixo un percorrido pola Pontevedra baleirada.

O Estado de Alarma apenas deixou unha alma nas principais vías da cidade do Lérez. Tan só algúns transeúntes camiñan apurados e en silencio para facer actividades esenciais como compras de alimentación.

Non é estraño ver as rúas baleiras, desérticas, se fose a primeira hora dun domingo, pero o sorprendente é que este  timelapse está gravado nun día 'laborable' e nas que se supón que deberían ser horas de máxima actividade nas que a  Boa Vila desborda vida.

Coa xente confinada nas súas casas Pontevedra convértese nunha cidade pantasma.