Un incendio que finalmente resultou ser de pequenas dimensións volveu a facer saltar as alarmas no rural de Pontevedra. Ocorreu na mañá dese sábado na zona de Pombal, na parroquia de Tomeza e as chamas xa están controladas.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio comezou ás 9.34 horas deste sábado e quedou controlado menos de dúas horas despois, ás 11.15 horas, tras arrasar unha pequena superficie.
Nas tarefas de extinción participaron tanto medios terrestres como aéreos: un técnico forestal, un axente, cinco brigadas, unha motobomba e dous helicópteros.