VÍDEO.- Un incendio aparatoso, pero de consecuencias menores

Pontevedra
05 de decembro 2018

Sobre as 9.00 horas producíronse as primeiras chamadas de alerta, ás 9.20 horas estaba controlado e ás 10.10, totalmente extinguido. Tratouse dun incendio no revestimento exterior de poliéster en dúas torres de refrixeración que estaban fóra de servizo e estaban a ser desmanteladas 

Intervención dos efectivos do Parque de Bombeiros de Pontevedra no incendio no recinto de Ence PontevedraViva

A densa columna de fume negro e as lapas vivas que saían da factoría da empresa Ence en Lourizán á primeira hora da mañá deste mércores causaron gran alarma e fixeron temer graves consecuencias para a pasteira e a súa contorna. Con todo, a situación liquidouse en apenas unha hora e finalmente as repercusións foron inferiores ás que se esperaban. 

Sobre as 9.00 horas producíronse as primeiras chamadas de alerta, ás 9.20 horas estaba controlado e ás 10.10, totalmente extinguido. Unha vez apagado, queda coñecer que ocorreu realmente. Tratouse dun incendio no revestimento exterior de poliéster en dúas torres de refrixeración que estaban fóra de servizo e estaban a ser desmanteladas. Finalmente, tan só afectou a ese edificio. 

Segundo informou o cabo xefe de quenda dos Bombeiros de Pontevedra, Daniel Bazarra, en funcións de xefe do servizo, a primeira chamada de alerta tivérona desde a propia fábrica por un incendio aparatoso e mobilizaron tres dotacións. A partir de aí, empezaron a sucederse as chamadas de alerta de numerosas persoas que estaban a ver as lapas e o fume

O equipo de intervención da empresa atacou o incendio, minimizando a propagación, de modo que, á chegada dos bombeiros, xa estaba controlado. Os bombeiros finalizaron a extinción. Segundo os bombeiros, en ningún momento paralizouse o proceso da industria, pero si se evacuou a zona. 

No momento no que os equipos de Ence localizaron o incendio, realizouse unha evacuación seguindo os parámetros establecidos no plan de emerxencia interior. O persoal permaneceu no punto establecido ata que se deu por controlado e volveron ao seu posto de traballo, unha media hora máis tarde.

Segundo explicaron os bombeiros, trátase dunha estrutura metálica de dúas torres que utilizan para refrigerar tubaxes ou condutos de auga. No exterior hai chapas de fibra ou poliéster, un produto inflamable que, ao estar instalado en vertical, provocou que propagase a chama rapidamente e se xerasera esa aparatosidade do lume

Respecto diso, Bazarra explicou que, debido ás características construtivas das torres e a que circulaba moito aire polo interior, xeráronse as lapas aparatosas e a enorme cantidade de fume.  

A empresa, que non respondeu as chamadas de teléfono da prensa en toda a mañá, si emitiu dous comunicados sobre o incendio. Nun deles, destacou que na cabina de control ambiental situada en Campelo, que monitora permanentemente a calidade do aire e que está situada na dirección que seguiu o fume, todos os parámetros medidos estiveron están dentro da normalidade, non detectándose ningunha incidencia.