VÍDEO.- Toda Pontevedra transfórmase nun aplauso colectivo en apoio ao persoal sanitario

Pontevedra
15 de marzo 2020

Toda a cidadanía de Pontevedra, en sintonía e sen fisuras, mostrou este domingo o seu apoio ao persoal sanitario que traballa de forma incansable para loitar contra o coronavirus. En todos vos recunchos da cidade, soou ás oito da tarde un sonoro e emocionante aplauso 

Aplauso colectivo en Pontevedra en apoio ao persoal sanitario na loita contra o coronavirus PontevedraViva

Toda a cidadanía de Pontevedra, en sintonía e sen fisuras, mostrou este domingo o seu apoio ao persoal sanitario que traballa de forma incansable para loitar contra o coronavirus. En todos vos recunchos da cidade, como no resto de España, soou ás oito da tarde un sonoro e emocionante aplauso para agradecer a implicación e achega de todos traballadores que durante as 24 horas do día se expoñen ao virus para facer o seu traballo e axudar a frear o seu avance. 

O aplauso transformou durante varios minutos o son ambiente dunha cidade, que, en plena corentena, saíu en masa ás xanelas e balcóns para mostrar o seu agradecemento, algúns acompañando o xesto da música do himno galego. 

Este é xa a segunda noite de aplauso colectivo en toda España e reuniu aínda a máis pontevedreses que na súa primeira convocatoria, ás dez da noite do sábado. De novo puntuais, e nesta ocasión acompañados por centos de nenos, os veciños da cidade do Lérez deron palmas a modo de ovación a quen se converteu na primeira liña de defensa contra a infección. 

Médicos, enfermeiras, celadores e todo o persoal dos centros de saúde, hospitais e servizos como o 061 foron os destinatarios desta homenaxe, un "Grazas" xeneralizado. Ademais, moitos pontevedreses quixeron facer extensivo o seu agradecemeto ás persoas que traballan en todos os sectores que, en plena corentena, seguen traballando fóra de casa para permitir que a engrenaxe da sociedade pontevedresa siga funcionando.