VÍDEO.- Sufocan un incendio no interior dunha zapatería de San Salvador de Poio

Poio
02 de decembro 2023

O lume, que afectou o interior do establecemento, declarouse pouco antes das 15.00 horas da tarde deste sábado. Ao lugar acudiron efectivos de Emerxencias de Sanxenxo e Bombeiros do Salnés. Ningunha persoa resultou ferida

Os bombeiros sufocan un incendio nunha zapatería de San Salvador de Poio Diego Torrado

Os efectivos de emerxencia protagonizaron este sábado unha intervención en San Salvador de Poio para sufocar o incendio declarado no interior dunha zapatería.

O lume declarouse pouco antes das 15.00 horas da tarde.

Segundo sinalan as primeiras informacións facilitadas pola Policía Local todo apunta a un problema eléctrico xerado por un deshumidificador situado na trastienda do negocio.

Ao lugar, na Avenida Andurique, acudiron unha unidade de Emerxencias de Sanxenxo e outra dos Bombeiros do Salnés para sufocar o lume, colaborando ademais a Policía Local e Protección Civil de Poio.

Non foi necesario desaloxar o edificio ao constatarse que ninguén habita os pisos superiores, e os danos foron só materiais, sen ter que lamentar ningún ferido.