O centro de saúde de Baltar quedou inutilizado este xoves durante algunhas horas por unha inundación de augas fecais.
Un vídeo recolle o traballo de limpeza que tiveron que facer os profesionais deste centro sanitario para poder recuperar a normalidade.
A auga procedía dos sumidoiros do cuarto de limpeza. Aínda que tentaron conter a entrada de auga resultoulles imposible detela.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo revelou que é a terceira ocasión na que este centro de saúde sofre inundacións.