VIDEO.- Luisa Piñeiro toma posesión coma nova delegada da Xunta en Pontevedra

Pontevedra
21 de setembro 2020

  Luisa Piñeiro tomou posesión este luns coma nova delegada da Xunta en Pontevedra. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou este luns que a experiencia dos novos delegados territoriais da Xunta vai ser útil no seu labor de enlace entre a Xunta e a cidadanía

Toma de posesión de Luisa Piñeiro coma delegada territorial da Xunta en Pontevedra Xunta de Galicia

Luisa Piñeiro tomou posesión este luns coma nova delegada da Xunta en Pontevedra. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou este luns que a experiencia dos novos delegados territoriais da Xunta vai ser útil no seu labor de enlace entre a Xunta e a cidadanía.

Durante o acto de toma de posesión, Feijóo subliñou que "todos chegan despois de ter experiencia, non chegan a aprender" e, polo tanto, "van dar cumprida resposta aos problemas concretados en cada ámbito territorial".

Deste xeito, o responsable do Goberno galego deu a benvida a Luisa Piñeiro, ex alcaldesa de Moraña e agora delegada en Pontevedra, dela destacou o seu coñecemento do sector rural pola súa formación e "tamén ás súas xentes".

O titular da Xunta dixo que os novos delegados serán "os teléfonos de atención ao cidadán" da Administración autonómica en todo o territorio galego e incidiu en que "terán relación coas deputacións, coas alcaldesas e os alcaldes, pero sobre todo cos cidadáns".

Por último, o titular da Xunta tivo unhas palabras de recoñecemento para o traballo dos delegados saíntes aos que agradeceu o seu labor ao longo destes anos.

Deulle as grazas a José Manuel Cores Tourís, unha persoa "que coñece ben as necesidades de Pontevedra e a importancia da serenidade e da tranquilidade para diagnosticar problemas e, sobre todo, buscar solucións".