O coronavirus e os seus efectos acaparan irremediablemente a atención de toda a cidadanía estes días, pero, mentres tanto, a vida e a natureza segue o seu curso. Durante o confinamento polo estado de alarma chegou a primavera e tamén se dan fenómenos meteorolóxicos pouco habituais nesta época do ano, ás portas do mes de abril. Na mañá deste martes, empezou a nevar na Lama.
As imaxes e vídeos que acompañan esta información recollen as imaxes que deixou o día en A Gateira ou en Pigarzos, na Lama. As baixas temperaturas son xeralizadas en toda a comarca, pero neste municipio xa limítrofe coa provincia de Ourense traduciuse en neve.
Ademais, desde o Concello informaron de que houbo forte ventisca e intensa neve e auganeve e que, pese ás dificultadas, os efectivos de Protección Civil da Agrupación de Voluntarios Oitavén-Tea e personal de Servizos Sociais, coordinados polo tenente de alcalde, David Carrera, percorreron as aldeas máis recónditas do municipio para levarlle á poboación máis vulnerable alimentos e bens de primeira necesidade
O Comité de Coordinación segue co seu reparto solidario entre os beneficiarios habituais de Servizos Sociais así como a aquelas persoas en especial vulnerabilidade que se ven ailladas por mor do confinamento.
Por outra banda, membros de Protección Civil Oitavén-Tea siguen cos labores de desinfectar de xeito preventivo con material específico para esta tarefa o centro da vila da Lama con especial incidencia nas inmediacións do centro de saúde, supermercados, entidades bancarias e aqueles elementos especialmente sensibles á permanencia do COVID-19 como barandas ou contedores e pomos das portas de edificios públicos e privados de especial concurrencia.
Os veciños que precisen desta asistencia poden chamar ao teléfono do Concello da Lama 986 76 82 38 ou a Protección Civil: 695 7473 61.