VÍDEO.- Barro celebra a I Festa do Churrasco Interbalcóns

Barro
26 de abril 2020

O encargo da comida fíxose a Sergio Orge, un hostaleiro da zona que deu conta no seu asador das 70 racións encargadas pola veciñanza. O servizo a domicilio levou o churrasco a esta rúa e logo se fixo o reparto porta a porta. A festa foi completa, houbo alboradas ás 11.00 a cargo de Chispa Negra, un pregón a mediodía cargo do propio Güimil, e logo sesión vermú  

I Festa do Churrasco Interbalcóns Diego Torrado

Os veciños de Barro que residen na zona da Rúa das Baladas celebraron este domingo a I Festa do Churrasco Interbalcóns.

Era unha festa que viña cantada despois do éxito acadado cos vermús de terraza e as sesións musicais de Johny Güimil.

Un dos organizadores, José Sanmartín cre que esta idea pode coller forza no futuro e servir nunha vindeira edición para promocionar a hostalería local.

O encargo da comida fíxose a Sergio Orge, un hostaleiro da zona que deu conta no seu asador das 70 racións encargadas pola veciñanza. O servizo a domicilio levou o churrasco a esta rúa e logo se fixo o reparto porta a porta.

A festa foi completa, houbo alboradas ás 11.00 a cargo de Chispa Negra, un pregón a mediodía cargo do propio Güimil, e logo sesión vermú.