Salvamento Marítimo emitiu un aviso diante do avistamento dunha manda de candcandorcas en augas das Rías Baixas para que as embarcacións non se aproximen a elas.
"Se solicita a todas las embarcaciones que, en caso de avistamiento, no intenten aproximarse, den amplio resguardo e informen a la estación costera más próxima o a Salvamento Marítimo Finisterre", dicía o radioaviso.
A presenza destes animais nas Rías Baixas non é estraña. Desde que empezou o seu labor en 1991 a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) rexistrou 21 especies diferentes de cetáceos nestas augas.
Neste 2020 xa se avistaron diferentes animais de grandes dimensións nas Rías Baixas, como foi o caso dunha balea azul que se deixou ver entre Cíes e Sálvora.
Recentemente tamén foron avistadas baleas nas inmediacións da Ría de Arousa e tamén este verán foi detectado o grupo máis numeroso de rorcuales "xamais visto" segundo valorou o Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (BDRI), que localizou a catorce rorcuales comúns alimentándose xuntos fronte á nosa costa.
Diversas fontes relacionan a estes exemplares de candorca avistados estes días cun ataque a un bote de goma que estaba a ser remolcado por un veleiro preto da praia Fonta da Telha, na localidade lusa de Sesimbra ocorrido a pasada fin de semana.