Seguen a sucederse os aplausos e as homenaxes a todos os colectivos que traballan en primeira liña contra o coronavirus. Como cada día, puntuais ás oito da tarde, centos de pontevedreses saíron aos seus balcóns e xanelas para agradecer este esforzo colectivo.
Pero, nesta ocasión, cunha particularidade. Ante o Hospital Provincial déronse cita, por unha banda, o persoal sanitario do centro; e por outro, unha representación dos traballadores de Ferrovial Servizos, a empresa que xestiona o servizo de recollida de lixo en Pontevedra.
Estes últimos, acompañados de persoal de Protección Civil e da maquinaria que usan para limpar as rúas da cidade, quixeron ofrecer así a súa particular homenaxe aos sanitarios.