VÍDEO.- A praia de Areas está irrecoñecible

Sanxenxo
06 de xaneiro 2024

A adversa meteoroloxía rexistrada durante os meses de outubro e novembro alterou o curso do regato que antes desembocaba no extremo esquerdo deste areal sanxenxino

Praia de Areas

Os temporais deste outono deixaron irrecoñecible á praia de Areas.

A adversa meteoroloxía rexistrada durante os meses de outubro e novembro alterou o curso do regato que antes desembocaba no extremo esquerdo deste areal sanxenxino.

Ademais o mar levou boa parte da area.

O outono e o inverno adoita alterar o estado das praias da ría dentro do ciclo natural destas estacións aínda que nesta ocasión resulte máis rechamante do que nos ten afeito.

O Concello de Sanxenxo deberá traballar duro para recuperar este areal para a Semana Santa para poder seguir presumindo deses atractivos turísticos cos que se promociona mundialmente.