A Policía Local de Pontevedra interrompeu na noite deste xoves o concerto de Baiuca diante da aglomeración de xente que se estaba producindo por fóra do recinto habilitado polo Concello na Praza de España dentro da programación Pontevedra Vívese.
Sobre as 23.30 horas á vista de que aumentaba o público situado por detrás do valado e que non era posible manter a distancia de seguridade sanitaria entre as persoas, un furgón da Policía Local fixo soar as sirenas terminando coa actuación musical.
A actuación policial sorprendeu aos integrantes de Baiuca que estaban a punto de terminar o seu concerto, que mesturaba folk e música electrónica.
A concelleira de seguridade cidadá, Eva Vilaverde, ofrecerá explicacións esta mañá.
No seu perfil de Twitter Raso Estudo compartía un vídeo do momento grabado desde o propio escenario no que dicía "Casi seis meses después, @baiucamusic ha vuelto a tocar. Un bolazo en Pontevedra que no pudimos terminar a falta de un minuto: la Policía cortó el sonido porque decían ser incapaces de disolver la gente de los alrededores. El vídeo no es de 1975, es de hace unos minutos" Ese vídeo ao que fan referencia é o que encabeza esta información.
Horas máis tarde, borraban o tweet do perfil de Raso Estudo, que xa provocou a resposta da sección sindical de CC.OO. no Concello de Pontevedra, para subir outro con este texto: "