VÍDEO.- A chuvia frea o espectacular inicio da Feira Franca 2024

Pontevedra
07 de setembro 2024

A representación do espectáculo inaugural 'A Historia de Xan da Lus', a cargo da compañía Pablo Méndez Performance na praza da Ferraría, tivo que suspenderse aos 16 minutos de función

Suspenden o espectáculo 'Xan da Lus' pola chuvia Mónica Patxot

A chuvia foi a triste protagonista do evento inaugural da Feira Franca 2024.

O espectáculo 'A Historia de Xan da Lus', a cargo da compañía Pablo Méndez Performance comezaba na praza da Ferraría malia a presenza de numerosas nubes sobre o ceo da cidade.

Desde horas antes, algúns dos asistentes agardaban nas cadeiras o inicio da proposta escénica sempre espectacular da agrupación artística.

Pablo Méndez recrea nesta montaxe a historia dun personaxe inventado, Xan da Lus, un xograr con moita imaxinación da vila pontevedresa que contaba as súas aventuras en distintos puntos do planeta, desde a Guerra Santa, as batallas co Cid Campeador ou os enfrontamentos co dragón do Lérez malia que el nunca viaxara máis alá de Pontevedra.

A montaxe contaba cunha inserción en 3D nunha pantalla en forma de totem, que introducía ao público na época vendo ao Rei Filipe IV de preto.

Ademais, nesta ocasión viña acompañado de música tradicional galega en vivo da man das cantareiras Lilaina, habituais acompañantes nos concertos de Baiuca. Todo unido ao baile, actuacións de acróbatas e propostas visuais brillantes por parte da compañía de Pablo Méndez.

Lamentablemente aos 16 minutos de función foi necesario deter o espectáculo ante as fortes chuvias que comezaron a caer sobre Pontevedra e que provocaron que parte do público abandonara os asentos.

A las 23.00 horas se reanudó la función, pero minutos máis tarde, Pablo Méndez comunicaba ao público que para garantir a seguridade dos artistas era necesario dar por rematada a actuación xa que a chuvia persistía con forza.

Os espectadores aplaudiron e agradezeron o esforzo da compañía pontevedresa.

Arquivado en