VÍDEO.- A Afouteza da comunidade educativa do Frei Martín Sarmiento ante o Covid-19

Pontevedra
20 de abril 2020

O persoal docente e non docente do centro elaborou un vídeo "co fin de enviar azos ao alumnado do instituto e ás súas familias" nestes momentos tan complicados. Optaron por unha canción do grupo galego 'Ruxe Ruxe' que leva por título un sentimento moi acaído, 'Afouteza'

A Afouteza da comunidade educativa do IES Frei Martín Sarmiento IES Frei Martín Sarmiento

A comunidade educativa do IES Frei Martín Sarmiento tamén quixo facer un vídeo para animar ao alumnado e as súas familias no medio da situación de confinamento e ante a alerta sanitaria polo coronavirus. No seu caso, optaron por unha canción do grupo galego 'Ruxe Ruxe' que leva por título un sentimento moi acaído, 'Afouteza'. 

Segundo explicou Alberto Pereira Suárez en nome do instituto, este vídeo elaborouno o persoal docente e non docente do centro "co fin de enviar azos ao alumnado do instituto e ás súas familias" nestes momentos tan complicados. 

O profesorado e o resto do persoal do centro traslada ánimos a través de frases motivadoras e escenas da súa vida cotiá e fai súa, a través da música e dunha serie de cartaces, esa 'afouteza' tan galega que representa o espírito de acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades e a seguridade de que todo acabará ben.