Viaxamos a Madrid! Pistas para saber onde comer, rir, gozar... E ver pelis "raras"! (Parte II)

Pontevedra
04 de novembro 2014

A reporteira Sylvie Tartána> ofrece unha segunda entrega de actividades para facer na capital de España. Son propostas para divertirse e comer con estilo

Artistic Metropol Sylvie Tartán

Queridos lectores, algúns de vós sei que vivides en Madrid e moitos outros visitaredes esta cidade proximamente. Para uns e outros vai unha lista de recomendacións de diversa índole. Certo que o tema culinario é tema recorrente nesta sección pero é que comer dános a vida e comer ben dános moita alegría. Pido desculpas por estas as miñas predileccións e aquí van os segredos a voces da miña axenda.

1. Non, non vou empezar cun restaurante (despisteivos, eh?), senón cunha sala de cine moi peculiar e que xa me gustaría a min que houbese por aquí: Artistic Metropol, en rúa das Cigarreras, 6. Unha sala absolutamente alternativa que nos dá aos nostálxicos a posibilidade de volver ver novamente na gran pantalla, películas que se estrearon hai décadas.

Se non estiveches atento ou aínda estándoo, deixaches pasar esa película non comercial que tan poucos días estivo en cartel, aquí terás posiblemente a oportunidade de vela. E é que Artistic Metropol pode chegar a ser un auténtico salvavidas para cinéfilos e cinéfagos vocacionais e convencidos.

Por se fose pouco, os prezos nada teñen que ver cos dunha sala de cine ao uso.

O meu frikismo interior quedou satisfeito coa películaBaikonur, unha coprodución Alemaña-Rusia-Kazakstán que conta a historia deGagarin, un mozo que vive ao lado do cosmódromo deBaikonurnas estepas de Kazajistan, que soña con ser astronauta e que vive de recoller lixo espacial. Absolutamente fascinante! E non o digo de broma.

subir imagen

2. E agora imos a cómida: Gran descubrimento: O restauranteEguinoa, na rúaZurbarán, 18que ofrece cociña de mercado, de fusión e tapeo de altos voos. Sitúase nun local de decoración coidada que está á altura da súa tamén mimada cociña.

Tartar de atún, espárragos caralludos con emulsión de laranxa e oliva, moegas asadas con pementos afumados, papas andinas e champiñón de Paris, Hamburguesa de vaca galega (no meu caso sería canibalismo pero non me importa), Vexetais de tempada ao carbón con salsa romescu... son algunhas das delicias que podemos deglutir e compartir neste pequeno paraíso de dúas plantas.

Pero como sempre, hai que axudar nesa dixestión e que mellor que tomar para iso un bo Antídoto. Si, si, Antídoto⿦ de Ribera del Duero.

3. Para compensar o banquete en Eguinoa, non había máis remedio que optar por unha cea pouco calorífica. O ideal para estas lides é a cociña xaponesa. Unha vez metidos no arrozal recoméndovos19 Sushi Bar e os seus menús de distintos prezos, ricos e abundantes aínda que elixades o máis livián para o voso peto.

Sushi, maki, ensalada de cogombro e algas... todo cociñado da forma máis sa posible como non podía ser menos xa que o restaurante está situado na rúa Saúde, 19, xunto á Gran Vía.

4. E como nos puxemos orientais, rematamos a faena índonos á sede do artesán xoieiro Isidoro Hernández, na rúaClaudio Coello, 38, para seguir o fío nipón e ver as súas fantásticas propostas de toque asiático e gusto exquisito.

Peza en xade branco, cuarzo hidrotermal, ouro branco, perlas e brillantes.

E por hoxe nada máis, queridos. Baixamos o pano pero volverémolo subir en breve coas últimas recomendacións capitalinas do mellor "lifestyle". Tras esa última incursión volveremos ás proximidades. Tomade nota destes cantos se estades a preparar a vosa viaxe a Madrid.